CRI – TIC

FUNDACIÓN ESPLAI

PROXECTO CRI-TIC

INFANCIA E MOCIDADE CON CRITERIO DIXITAL

ANPA Entrevalos

EN QUÉ CONSITE?


A actividade CRI-TIC é un proxecto liderado pola Fundación Esplai en Galicia que busca garantir a inclusión dixital desde a infancia. O obxectivo principal é dotar aos nenos, nenas e adolescentes de entre 9 e 17 anos de competencias dixitais básicas e avanzadas, adecuadas á súa idade e necesidades, para que poidan usar a tecnoloxía de maneira crítica, responsable e segura.


A implementación deste proxecto implica unha combinación de coñecementos, habilidades e actitudes que fomenta unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a interacción social. 



1. Competencias Dixitais: O programa está deseñado para desenvolver habilidades dixitais nos nenos e adolescentes, o que inclúe o uso responsable de internet, a creación de contidos dixitais e a protección dos datos persoais.


2. Metodoloxía Innovadora: As actividades están baseadas no Aprendizaxe Baseado en Proxectos (ABP), gamificación, storytelling e aprendizaxe colaborativo, o que promove un ambiente de aprendizaxe dinámico e interactivo.


3. Inclusión e Seguridade: A actividade tamén aborda temas críticos como a prevención do ciberacoso, o uso seguro das redes sociais, a protección contra adiccións tecnolóxicas e a educación sobre ciberseguridade.


4. Enfoque Práctico: A través de proxectos prácticos como a creación de videoxogos ou o uso de tecnoloxía para proxectos de sostibilidade, os nenos aprenden a aplicar o que estudan en situacións reais.


En resumo, CRI-TIC é unha oportunidade para que os vosos fillos adquiran habilidades dixitais esenciais nun entorno seguro e educativo, preparándoos para o futuro dixital.

CRI TIC