Un compromiso colectivo
Actualmente está normalizado o uso dos smartphone dende idades
tempranas. Con 12 anos, o 80% dos nenos e nenas posúen un. Con eles, non
só realizan chamadas, senón que acceden a redes sociais, moitas veces
indicadas para maiores de 16 anos. Despois de anos de observar este uso,
existe un acordo maioritario entre especialistas en saúde mental e
acompañamento de adolescentes. Este acordo consiste en que resulta
conveniente retrasar a chegada do smartphone.
O emprego do teléfono como forma habitual de comunicación entre iguais,
dificulta en moitas ocasión o desenvolvemento da competencia social, que é de
grande importancia nesta idade: comenzar unha conversa, pedir axuda en
persoa… son habilidades fundamentais que, ben desenvolvidas, propician maior
grao de benestar e fortalecemento da autoestima.
Asi mesmo, o emprego de dispositivos en horas de descanso nocturno, no
que deben durmir, fai que este descanso se reduza, repercutindo este feito
negativamente no seu estado emocional e no rendemento académico.
A chegada do smartphone ao ámbito familiar, afecta ás dinámicas de
convivencia, nun momento de especial importancia para establecer lazos
familiares, de xeito diferente que na primeira infancia, pero que deben ser
igualmente fortes. Se non o coidamos, podemos perder tempo de falar en
familia, contar como nos foi o día, mirarnos… Nesta nova etapa dos nosos fillos
e fillas, debemos facilitar espazos individuais, pero garantindo o
acompañamento educativo e afectivo.
Por iso, as familias que asinan este documento, se comprometen a retrasar
a chegada do smartphone. Con esta medida, buscamos o apoio entre iguais. Por
unha banda, entre as familias que desexan retrasar este uso e, por outra, entre
adolescente que, sen ter móbil, síntense igualmente incluídos no seu grupo
porque son moitos os que non teñen un.
Somos conscientes de que o DIÁLOGO e o ACOMPAÑAMENTO coas pantallas
son a mellor vía para que o seu uso sexa axeitado, e que, permitir o acceso ao
móvil máis tarde non exime ás famlias da responsabilidade deste acompañamento.
As familias somos diversas e, as necesidades de cada unha, tamén.
Por iso, neste documento, instamos a aqueles pais ou nais que precisen
que o seu fillo ou filla teña un teléfono, a que lle faciliten un que non teña
acceso a internet, consensuando sempre unhas normas de uso.
Innovation-driven Solutions
Our innovative solutions are designed to address the unique needs of our clients and drive success.
Personalized Approach
We take a personalized approach to ensure that every individual receives tailored support and guidance.
Superior Customer Service
Our team is dedicated to providing superior customer service and ensuring complete satisfaction.
