Unha celebración moi nosa.
Temos preparada unha xornada para celebrar o equinoccio de outono, festexando así o Samaín.
Nesta xornada teremos unha decoración especial feita en colaboración con todas as familias. Tamén preparamos uns xogos temáticos e unha busca do tesouro ambientada no propio día. Convidámosvos a vir disfrazados para a ocasión, buscando un traxe da tradición galega, como druídas, ánimas, meigas, etc. Os alumnos e alumnas de sexto terán uns aperitivos preparados para todos aqueles que queiran botarlles unha man na recadación para a excursión de fin de curso.
Esta xornada está dedicada en exclusiva a todas as familias do CEIP QUINTELA que estean asociadas á ANPA ENTREVALOS.

